Domingo 21.04.2019

Os pataqueiros están satisfeitos coa constitución da "Mesa da Limia"

A confederación non solo ten que servir para poñer multas aos agricultores

Amador-Carlos Gómez e Eva González, xerente do GDR-10
Amador-Carlos Gómez e Eva González, xerente do GDR-10

Unha vez rematada a constitución da denominada "Mesa da Limia", Amador Díaz, presidente da única asociación de productores de pataca, comentou ao dendealimia que esta fora unha das peticións feitas ao Conselleiro na última reunión mantida con el en Santiago.

Hoxe naceu una mesa que pode dar moitos froitos e beneficios a esta comarca. Hoxe estaban tódolos sectores implicados no tema, produtores, ecoloxistas, sindicatos, alcaldes, produtores, alcaldes etc., declarou Amador, quen tamén tivo verbas moi duras contra a CHMS.

SOLO FALTOU A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA

Amador, pon énfases en que solo faltou a cita a CHMS (Confederación Hidrográfica Miño-Sil), que pensamos que ten que ser una pata moi importante desta mesa, porque xoga un papel moi importante nesta comarca.

A confederación non solo ten que servir para poñer multas aos agricultores, debería estar tamén aquí, para escoitar a problemática do noso sector, neste caso os produtores. A ver se se dan conta de una vez por todas que teñen que estar na mesa.

Esperamos que a partir da constitución da Mesa hoxe se comece a traballar, tendo en conta que esta comarca agraria por excelencia de Galicia e esperemos que as problemáticas agrarias e gandeiras, poderán saír adiante.

A confederación non solo ten que servir para poñer multas aos agricultores

Agradecemos enormemente e sinceramente o paso dado polo Conselleiro por por poñela en marcha.

A XESTIÓN PARECE SER QUE A VAI A LEVAR O GDR LIMIA-ARNOIA

Eva González, xerente do GDR Limia-Arnoia declarou ao finalizar o acto que segundo dixo o Conselleiro, parece ser que eles, o grupo GDR-10 serían os encargados de levar a cabo o traballo que de agora en adiante terá esta mesa.

Na visita ás oficinas do Conselleiro na súa última visita a Limia, ofrecéronse a facer o traballo de levar a cabo o traballo, non solo burocrático se non tamén todo o que fixera falla, para sacar adiante esta iniciativa. Eles mesmos quedaron sorprendidos polo anuncio do Conselleiro e pensan que nas semanas vindeiras dende AGADER e a propia Consellería recibirán instrucións.