Dende a Limia
03:59 h. Miércoles, 18 de Octubre de 2017

O pleno da Deputación de Ourense aproba os orzamentos para 2018

O. Ferreiro | 30 de Septiembre de 2017 (21:37 h.)
Imaxe do último plenario Deputación de Ourense.
Imaxe do último plenario Deputación de Ourense.

O Pleno da Deputación de Ourense aprobou na sesión plenaria de hoxe, correspondente ao mes de setembro, celebrada no Pazo Provincial, o orzamento xeral do ente provincial para o exercicio 2018, que ascende a un total de 80.707.000 euros, e tamén o orzamento do Inorde para o 2018, que ascende a 1.936.714 euros e o do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e de Salvamento (4.168.028 euros).

Aprobouse a realización dun estudo e seguimento do estado dos principais produtos cultivados no noso territorio e a incidencia que a treboada tivo na súa produción.

A corporación provincial tamén aprobou o I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 2017-2021 da Deputación Provincial de Ourense, que contempla medidas para alcanzar a igualdade total entre mulleres e homes en tódolos ámbitos, así como eliminar a discriminación por razón de sexo, sendo unha ferramenta dinámica e flexible. Ademais representa o compromiso da Deputación de Ourense coa igualdade para cos seus traballadores e implica a participación de tódalas áreas da institución no desenvolvemento e execución do I PIOMH de forma coordinada.

Así mesmo, na sesión plenaria aprobouse a realización dun estudo e seguimento do estado dos principais produtos cultivados no noso territorio e a incidencia que a treboada tivo na súa produción, a causa dos danos causados polo pedrazo no pasado mes de agosto. Neste sentido, aprobouse instar á Xunta, ao Ministerio de Agricultura e demais administracións, para que establezan as medidas e mecanismos necesarios, facendo campañas para concienciar sobre a necesidade da contratación dos seguros agrarios, así como solicitar da Xunta unha diferenciación clara polos feitos ocorridos nos últimos días, unha liña de axudas para paliar os danos ocasionados e solicitar a tramitación como Zona de Emerxencia das distintas areas afectadas.