Dende a Limia
14:26 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

Pontevedra, Madrid, Aranjuez, Toledo, Coruña, Ferrol…..

| 06 de Octubre de 2018 (21:51 h.)
Instalacións patatas AMA
Instalacións patatas AMA

Ata toda  España chegan dende fai úns anos as patacas AMA dende Piñeira Seca en Xinzo. Ata calquera punto da xeografía española en 24 horas e en caixas preparadas para o transporte , entre 3 e 20 Kg, pataca con I.X.P (Indicación Xeográfica Protexida) o que normalmente denominamos con denominación de orixe.

A Xornada para Amador Penín comeza pola mañá revisando o seu ordenador para ver como van os pedidos dende as 19 horas do día anterior e envasando o produto para os seus clientes, que nun 30/40% xa son repetitivos. Esa mesma acción repítea sobre as 18 horas, para facer o mesmo proceso e xa antes das 20 horas acercarse coa súa furgoneta ata a empresa de transportes coa que traballa, para que a mañá seguinte antes das 13 horas os seus clientes teñan o produto nas mellores condicións no seu domicilio.

TENDAS DE DELICATESEN

555555555

Tamén xa son bastantes as tendas de delicatesen, tanto en Galicia como en algún outro lugar, que compran as súas patacas para logo revendelas aos seus clientes. Neste caso os envíos son en palés.

Custoulle durante estes meses anteriores decirlle aos seus clientes, xa habituais, que non tiña produto. Estivo varios meses preocupado por si chegado o momento  se acostumbrarían a comer patacas doutro sitio e se esqueceran del. Pero  nada de iso aconteceu, chegado o momento os pedidos comezaron a chegar, estando xa nestes momentos a pouco máis de 7 dias de aberta a campaña nun 20% de ventas de toda a campaña do ano pasado.

TODO COMEZA NA TERRA

Dende fai xa uns anos as patacas AMA recóllense a man. Trasládanse ata a nave e despois dun proceso mecanico de selección de tamaños  son embaladas en mallas de 3 Kg ou en caixas de 20, dependendo do cliente.

Neste momento estou mandando a un futuro cliente que ten varias fruterías  unhas mostras. Cando as reciba e as probe estou seguro de que as vai comezar a solicitar para véndelas. Isto é como o dulce, en canto probas repites.

Esta campaña espera chegar a unha suba dun 300 %, como mínimo con respecto a anterior, vendo solo a evolución da primeira semana en canto abriu a páxina coas novas patacas.