viernes 20.09.2019
NOTA DE PRENSA DO PPdG de Xinzo

O PP califica de "Rolda de prensa do copia-pega"

Ao programa de Limpeza presentado polo grupo de goberno actual

Rolda de prensa do copia-pega. Esí é como entemos, dende o Grupo Municipal Popular, o anuncio de onte do 1º Plan de Limpeza por parte da Alcaldesa Dna. Elvira Lama.

Fai xusto un ano o Grupo de Goberno do PP, anunciaba as mediadas de limpeza e desinfección que se tomarían tanto na vila como nos pobos. Baldeadores, hidrolavadoras, motobomba, tractor-desbrozadoras, contrato con empresas especializadas tanto de desbroce como de limpeza, convenios coa Deputación ou outras institucións … foron medios xa postos en marcha daquelas, ademáis do persoal propio e externo. Plan parecido ao que se levaba facendo nos tres últimos anos.

cats nota PPDende o noso Grupo temos claro a gran necesidade de acondicionar, limpiar e , nos casos que faga falla, desinfectar o noso Concello; para elo o goberno anterior deixou unha dotación de 4 tractores-desbrozadora, nova barredora, hidrolavadora, motobomba, … e un Concello saneado para que o novo Grupo de Goberno poda contratar os baldeos e limpeza como esí anuncia.

O que non merece este Concello é a mentira ou a medias verdades, para desacreditar o anterior  Goberno; todos os días Encargado e Capataces, de moitos anos de experiencia, preparaban os seus cadros de traballo e organizaban as brigadas. Nunca faltou a orde directa tanto dos concelleiros e concelleiras como do propio Alcalde. O material de traballo e EPIS sempre foi o pedido polo Encargado, Capataces, traballadores e traballadoras como os esixidos pola lei. Choca o da planificación da que acusan, cando fai uns días, a sega e poda do parque Galicia foi feita en diversas fases, deixando restos sen recoller durante unha finde semana.

 Falan da non utilización dos catro tractor-desbrozadora, a explicación é sinxela, o Concello de Xinzo de Limia conta con dous chóferes, e un estivo de baixa gran parte do anterior mandato , dándose de alta fai dúas semáns. O Grupo de Goberno Popular non podía facer mobilidade laboral, tanto técnicos como sindicatos non o permitían, todo o contrario que se está ver agora co novo Goberno ou eso parece. Onde ata o propio Capataz de Obras fai labores de desbroce.

Esperemos que as mediadas deste plan 2.0 tanto de limpeza como de concienciación da veciñanza, funcionen e sexan efectivas, xa que o Grupo Municipal Popular, por moito que diga a Alcaldesa, tenlle moito cariño ao noso Concello, xa que en moitas cousas somos a envexa de outros Concellos e esperamos seguir sendo.