Domingo 21.04.2019
Réplica do PP de Porqueira a os Socialistas

O PP de Porqueira non da creto ás barbaridades que di a candidata a alcaldía po los Socialistas

“O abandono a que se refiren debe ser o abandonado que ten a Sra. Salgado, Porqueira, que ningún a viu nestes 4 anos interesada por nada,  di a alcaldesa”

Subida a Torre de Porqueira
Subida a Torre de Porqueira

A primeira das barbaridades referirase a Torre?, onde se levan investidos nesta ultima lexislatura por parte da Xunta e Deputación algo mais de 100.000 €, precisamente no empedrado, que vostedes denuncia , do seu aceso e a iluminación, así como a reparación do muro da mesma e a limpeza?. As fotos que vostedes están a mostrar deben ser do século pasado. E para que vexan que seguimos apostando polo noso monumento, anunciarlles que dende Patrimonio realizaranse accións na mesma como, reconstrución da cúpula, cambios nas fiestras así como a porta de acceso e algún elementos interiores.
O vertedoiro do que vostedes falan, atópase no limite co concello de Calvos de Randín a unha distancia considerable da Torre. Confunden vostedes e queren facer confundir aos veciños, posto que efectivamente o vertedoiro ao lado da Torre esta pechado fai mais dun ano.

catsSe coñece que vostede ven pouco polo pobo, mellor, ninguén a ve polo pobo, Sra. Losada. O seu informador/a quedouse un pouco atrasado/a.
Segue o seu informador/a con atraso as accións que se están a levar a cabo neste, que vostede di seu concello, aínda que non o visite. Fai meses que comezaron os deesbroces e asfaltado de rúas , precisamente a entrada de S. Lourenzoe Fontemoura. Todo isto pódese comprobar nas fotos adxuntas, ou ben falar coas persoas, veciños seus, que ó están a realizar grazas o obradoiro de emprego “As veigas 3”.Por outra banda quixeramos por en coñecemento de todos, precisamente o seu descoñecemento do funcionamento dunha depuradora. Por desgraza para nos e para todos a auga sobrante, que é a que vostede denomina como “perda de auga”, é o sobrante, que por desgraza non podemos gardar para o verán. Esta auga é limpa para botar o río, pero nunca para consumo.

Os actos vandálicos son inevitables, tanto no núcleo urbano como no rural. Dicirlle que os dous dos que temos constancia, un deles o contador xa se lle está poñendo solución.

Para rematar dicir que a miña dedicación parcial ao concello, remunerada efectivamente como tal parcial, convértese en total en horas , porque eu si que estou no pobo as horas “pagadas” e todas as outras, moitas máis que estou atendendo a todos os veciños, e cando digo todos, son todos, aos que vostede posiblemente nin coñece, porque ninguén a ve por Porqueira  habitualmente, aínda que supoñemos que agora durante a campaña virá, e volverá a desaparecer cando o pobo os envíe outra vez a oposición.