Dende a Limia
00:56 h. Miércoles, 22 de Agosto de 2018

O PP de Xinzo quere que se modifique o Código Penal

| 30 de Abril de 2018 (15:02 h.)

A sentenza, popularmente denominada, a “La Manada” creou unha grande alarma social en todos os estratos sociais de España, cunha grande repercusión no resto do mundo.

O código penal actual do ano 1995, a ambigüedade da norma posibilitou que a sentenza sexa inasumible e que creou inseguridade e humillación nas mulleres.

Para que situacións e sentenzas como ésta non volvan a xenerarse propoñemos ao Pleno para o seu debate e aprobación se procede dos seguintes

ACORDOS

 1.- Urxe a toma de medidas urxentes para a  sensibilización do Poder Xudicial con respecto a todas as formas de Violencia de Xénero.

2.- Que se realice unha urxente reforma do Código Penal acorde cos valores de Xustiza, Igualdade e Protección real da Muller.