Dende a Limia
01:12 h. Sábado, 21 de Octubre de 2017

O PPdG de Xinzo rebate os argumentos de Xinzo Adiante no tema do regadío

| 27 de Julio de 2017 (13:43 h.)

O Partido Popular de Xinzo de Limia acusa a Manuel Campos e o Grupo Municipal “Xinzo Adiante” de oportunistas e manipuladores, e de falsear a realidade tentando confundir os agricultores con fines partidistas, despois do Comunicado de prensa de días pasados, no que Xinzo Adiante afirmaba que a execución das obras do Plan de Regadío se van levar a termo “grazas á Proposición non de Lei que Xinzo Adiante presentou no Parlamento Galego a través do Grupo de En Marea”.

A Proposición non de lei debatida no plenario do pasado mes de marzo no Parlamento de Galicia, foi obxecto de unha emenda de substitución presentada polo Partido Popular, tras do debate no que o deputado Carlos Gómez expuxo que o Goberno da Xunta de Galicia co fin de seguir avanzando nos distintos trámites, imprescindibles para poder iniciar as obras o antes posible, tiña consignados neste exercicio 2017, 1.559.666 euros no orzamento da dirección xeral, o que estaba permitindo levar a cabo todas aquelas actuacións técnicas previas, para a axeitada execución destas estruturas de rega na Limia.

Naquel debate o Deputado Popular destacou que nos últimos tempos, a Consellería de Medio Rural non deixara de traballar para por en marcha o Plan de Regadío, tal era así, que a finais de 2016 creárase o Comité de seguimento dos Regadíos presidido polo Director Xeral de Desenvolvemento rural, e que a día de hoxe xa foi convocado en, a lo menos catro ocasións, a ultima o pasado xoves día 20 de Xullo.

A finalidade deste organismo, é, a de poder controlar en primeira instancia as distintas actuacións a levar a cabo: Ser punto de encontro e vía para chegar a acordos entre todos os interesados, como son os concellos afectados de Xinzo de Limia, Porqueira e Trasmiras, as comunidades de regantes, o corpo técnico da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e a Asociación de Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL). Este comité e unha garantía en si mesmo da consecución do obxectivo do plan de rega.

Tras da tramitación da Declaración de Impacto Ambiental das catro comunidades, e a elaboración do novo proxecto patrimonial adaptado á normativa vixente, tramites imprescindibles para a execución da modernización dos plans de regadío. Tivo lugar en datas pasadas o traslado das D.I.A. ao organismo de Avaliación Ambiental para a súa exposición pública e a pertinente recolla de alegacións, das que por certo tan só se presentaron tres: dúas en sentido positivo e unha solicitando algunhas accións de cara a preservación dunha especie vexetal que so se da na conca do Limia.

Ó mesmo tempo, estase rematando a elaboración dos proxectos técnicos de obra civil, corrección das coordenadas dos piezómetros coa Confederación Hidrográfica Miño -Sil nas condicións actuais, xustificación hidrolóxica, etc.

Todos estes trámites, obrigatorios, que teñen os seus procedementos e os seus tempos, estábanse levando a cabo moito antes xa, da presentación da moción de EnMarea, que pretendía instar ao Goberno a iniciar as obras de xeito inmediato obviando que os tramites e prazos do expediente non permitían esa inmediatez.

Tras ser sometido o proxecto a exposición pública, unha vez superados todos os tramites ambientais, e contando coas autorizacións pertinentes da Confederación Hidrográfica: A Xunta prevee que se podan asinar os preceptivos convenios coas comunidades de regantes e proceder á licitación das obras de maneira inmediata. Dende a Consellería do Medio Rural estanse a poñer tódolos medios, como se comunicou na xuntanza do pasado xoves día 20, para comezar a executar as obras no menor tempo posible,

O Partido Popular de Xinzo de Limia, reitera o seu malestar por o comunicado trasladado os medios de comunicación por a formación Xinzo Adiante, por considerar que falsea a realidade co fin de obter réditos partidistas entre os agricultores de Xinzo.

Afirmando que Xinzo Adiante, ou non se quere enterar ou realmente non se entera do procedemento en curso, que unha vez finalizado permitira realizar as obras do plan de regadío.

Neste sentido o Partido Popular destaca que non tería obxecto consignar nos orzamentos do 2017 unha partida presupostara de 27 millóns para a realización dunhas obras, como quería EnMarea de cara a galería, que non se ían a poder levar a cabo sen a conclusión do expediente, de aí que o partido popular votara en contra da súa proposta de modificación orzamentaria.

O partido Popular de Xinzo, quere poñer tamén o descuberto o xeito oportunista e mentireiro de facer política de Xinzo Adiante, que mesmo chega a estas manifestacións de autobombo as que nos ten acostumados, proclamándose independentes e localistas, “sen representación en ningunha outra institución”, pero deixando, ben as claras que son dependentes das Mareas de Podemos, e que poren poden facer chegar as súas iniciativas ao Parlamento Galego e mesmo ao Congreso dos Deputados.

Nos preguntamos dende o Partido Popular, si Xinzo Adiante tamén e cómplice do voto en contra  que fixo Podemos, e as súas Mareas o pasado mes de abril, co que rexeitaron unha Proposición non de Lei do Partido Popular no Congreso dos Deputados, relativa a promover a mellora e modernización dos regadíos. (publicada no BOCG do 20 de abril do 2017)