Dende a Limia
05:58 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Premio de cociña para un grupo de alumnos e alumnas do Carlos Casares

| 26 de Junio de 2018 (19:03 h.)

Hai un par de meses, o alumnado de 5ºA do CEIP CARLOS CASARES  de Xinzo , realizou un video elaborando unha receita de cociña para participar no certame educativo "Chefs Saudables", organizado polo Sergas. Completaron o proceso de elaboración dun bo prato: foron mercar os produtos, elaboraron a receita e degustárona. 

A sorpresa chegoulles esta semana   cando lles comunicaron que  obtiveran o terceiro premio na súa categoría a nivel Galicia. Xa de vacacións tiveron que trasladarse ata a capital de Galicia para recoller o premio.

297

A dirección e o profesorado do centro queren transmitir a súa ledicia,  felicitando a vez aos rapaces e rapazas que o conseguiron.