Dende a Limia
03:47 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

Procesión de Corpus en Xinzo

| 18 de Junio de 2017 (16:09 h.)

As altas temperaturas non desluciron para nada a procesión e o paso polas alfombras florais que durante a tarde noite de onte fixeron nalgunhas rúas da vila.

Os nenos que hoxe fixeron a súa “primeira comunión”, foron uns dos que mais gozaron da mesma.

A procesión,  ademáis das bandas de gaitas  e da agrupación  músical da Limia, asistiron as primeiras autoridades, tanto civis como militares e moitos veciños e veciñas que non quixeron perderse o día de festa.