Dende a Limia
16:30 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

ProLimia apoia a folga feminista do 8M

O. Ferreiro | 07 de Marzo de 2018 (22:19 h.)

A asociación de comerciantes de Xinzo de Limia, ProLimia, vén de emitir un comunicado aos medios de apoio á filga feminista de mañá, día 8 de marzo. No mesmo, anima ás mulleres que teñan que exercer traballos de coidados a colgaren un mandil nas súas casas en sinal reivindicativo, así como a asistir á concentración que terá lugar na Praza Maior da capital limiá ás 12:00 horas.

image002

Velaquí o texto íntegro do comunicado:

"Pola presente comunicamos que, dende a asociación ProLimia apoiamos a folga feminista do 8 de Marzo. 

Para visibilizar que sen nós o mundo para.

Porque non queremos que haxa nin unha menos.

Porque o noso traballo de coidados nin se valora sin se visibiliza.

Porque non temos igualdade no emprego nin nos salarios. 

Porque os nosos corpos seguen a ser mercantilizados.

Por todo isto e moito máis, pedímosvos que o día 8 colguedes, as que queirades, un delantal en sinal de apoio ao movemento feminista nos escaparates, portas, balcons... e que, quen o considere oportuno, peche as portas dos seus establecementos de 12:00 a 12:30 horas e vos acheguedes ata a Praza Maior para acudir á concentración na que se lerá o manifesto da folga"