Dende a Limia
22:04 h. Viernes, 20 de Julio de 2018

O PSDEG-PSOE CELEBRA UN ENCONTRO EN XINZO DE LIMIA CO COLECTIVO DE EMIGRANTES RETORNADOS PARA INFORMALOS DA DESFEITA OCASIONADA POLA POLÍTICA FISCAL DO PP

| 04 de Julio de 2018 (17:42 h.)

O PSdeG-PSOE celebra mañá mércores un encontro en Xinzo de Limia co colectivo de emigrantes retornados, para informalos, entre outros asuntos, da desfeita ocasionada pola ELVIRA LAMA2política tributaria e fiscal do anterior Goberno central do PP, e para explicarlles alternativas logo do sistema de intimidación e acoso que sufriron por parte do executivo liderado por Mariano Rajoy. Os socialistas de Ourense levan tempo achegando apoio e solucións a este numeroso colectivo afectado por unha aplicación da lei tributaria baseada na desinformación e no enrocamento burocrático, tendo que acudir ós tribunais para acadar a anulación das sancións impostas e as devolucións de cobros indebidos de taxas.

Mañá mércores a partir das 20 horas, na Casa da Cultura desta vila ourensá, os socialistas falarán, entre outros asuntos, desa pésima política fiscal; da nova tributación do IRPF ou da nova taxa do cinco por cento a pensión que cobra de Alemaña. Así mesmo tratarán a homologación das pensións de incapacidade e o xeito de tramitar a axuda a dependencia en Alemaña. No acto estarán presentes, entre outros, o secretario provincial de emigración, Luis Gulín, e a deputada e portavoz municipal do PSdeG-PSOE en Xinzo, Elvira Lama.