Dende a Limia
18:22 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

O PSDEG-PSOE CRITICA A ESCASA PROGRAMACIÓN CULTURAL E DE OCIO PARA O VERÁN DO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

| 06 de Julio de 2017 (21:37 h.)

A portavoz do PSdeG-PSOE en Xinzo de Limia, Elvira Lama, considera “escasa e pouco atractiva” a programación do verán en Xinzo de Limia. A día de hoxe tan so foi presentada a programación infantil, que unicamente conta con actuacións teatrais e de maxia os sábados pola tarde. Por iso, o Grupo Municipal Socialista critica que non  exista programación nin para mozos nin para maiores ou ningún espectáculo atractivo, interesante e chamativo que poida atraer xente as fins de semana para activar o sector hostaleiro e o sector servizos da vila. Toda a oferta lúdica do goberno local do PP pasa polas festas patronais; as que organicen asociacións de veciños pola súa conta –como as Festas de San Roque– e a Festa do Esquecemento organizada pola Asociación Civitas Limicorun.

Os socialistas lamentan absoluta a ausencia de iniciativas e propostas lúdicas e participativas, que poidan ser atractivas para o público de cada franxa de idade, especialmente propostas para xente moza, pero tamén para os de todas as idades, posto que nos atopamos nunha época do ano na que, que como ven sendo habitual, a comarca da Limia aumenta o seu número de habitantes.

“A implicación do equipo de goberno de Antonio Pérez debería ser total para votarlle a man ó concelleiro de Cultura Deporte e Festexos, o cal, a pesares da súa implicación, precisa de outros responsables e medios para poder artellar unha oferta cultural e de ocio á altura de unha vila como Xinzo”, explica a portavoz socialista. “Estamos a falar dunha boa forma de reactivar  a economía da vila, tanto os sectores hostaleiros como o de servizos”, insiste Lama.

A implicación do concello coa hostalería debería ser total, incentivando propostas gastronómicas, ofertando concursos  imaxinativos ou creando espazos de lecer entorno a produtos da terra, detallan dende o PSdeG-PSOE de Xinzo mentres matizan que estas propostas poderían ir encadeadas ás fins de semana, pensando incluso nas pernoitas na vila. “Non podemos entender como outras vilas da mesma entidade organicen e oferten unha programación de alto nivel, con multitude de actos para tódolos idades durante todas as semanas e nos sigamos a ollar cara eles con envexa”, denuncia. Lama conclúe que “en Xinzo todo é escaso, ata as ideas do grupo de goberno”.