Dende a Limia
17:21 h. Domingo, 25 de Febrero de 2018

O PSDEG-PSOE DE XINZO CRITICA O DESGOBERNO DO PP QUE PROVOCOU O PECHE DO MUSEO GALEGO DO ENTROIDO EN PLENO CICLO FESTIVO... DO ENTROIDO

| 02 de Febrero de 2018 (22:52 h.)

O Museo Galego do Entroido (MUGAE) pechado en pleno Entroido. Iso é o que deixa a xestión do PP no Concello de Xinzo de Limia, que unha vez máis, volveu rizar o rizo do desgoberno e o malfacer para os intereses desta vila ourensá. A portavoz do grupo municipal socialista, Elvira Lama, asegura que “é lamentable que xusto nas datas centrais do Entroido, que en Xinzo abranguen cinco fins de semana, e sendo o lugar emblemático por excelencia de Galicia nestas festas, o museo estea pechado a cal y canto pola falta de previsión e a nula xestión do alcalde e do concelleiro de Cultura”.

Elvira Lama portavoz PSOEPara o PSdeG-PSOE, o motivo aducido polos responsables municipais de cesión do espazo a outra administración –neste caso á Deputación Provincial–, co fin de encomendarlle a xestión, non pode xustificar o peche co ciclo do Entroido xa iniciado e a vila recibindo decenas de miles de visitantes. “A finalización do contrato laboral das persoas encargadas da súa atención, deixa en absoluta evidencia ós xestores municipais, posto que ninguén se preocupou por facer as xestións imprescindibles coa Deputación para que o museo non estea pechado nin un so día”, denuncian os socialistas.

“Aducen dende o Concello que o abrirá persoal municipal a demanda de quen o solicite”, explica Lama. “E si os visitantes acoden á porta do museo sen solicitar previamente a apertura porque nin o saben nin teñen porque sabelo, quedarán coas ganas de coñecer o único museo do Entroido que hai en Galicia”, engade a voceira municipal.  Para os socialistas, unha vez mais, queda claro que ó grupo de goberno “nunca lle preocupou o mais mínimo” o funcionamento deste espazo museístico, unha obra que tardou máis de 15 anos en rematarse e que foi inaugurada polo mesmísimo presidente da Xunta de Galicia no ano 2015. “Á vista está que a previsión tampouco é unha virtude do grupo de goberno de Xinzo”, destacan.

A imposibilidade de contratar persoal por parte do Concello, debería levar a esta administración local a buscar unha solución eficiente que xa tiña que estar deseñada con tempo suficiente. Desta forma, o Museo Galego do Entroido non tería que botar a cadeado na época do ano na que se reciben en Xinzo a maior afluencia de visitantes.