Dende a Limia
03:20 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

O PSDEG-PSOE DE XINZO CRITICA O DESGOBERNO LOCAL DO PP TRAS INFORMAR Á VECIÑANZA DAS ROZAS OBRIGATORIAS O ÚLTIMO DÍA DO PRAZO

| 31 de Mayo de 2018 (23:08 h.)

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia critica, unha vez máis, a pasividade e a preguiza do actual desgoberno local do PP, tras informar á veciñanza das rozas e limpezas de fincas obrigatorias o último día do prazo para executalas. A portavoz municipal, Elvira Lama, denuncia a “vergoñenta pasividade e a bochornosa preguiza” do equipo de goberno e dos responsables das concelleiras de medio rural e medio ambiente, tras deixar para o último día o proceso de publicidade e información ós veciños e veciñas, sobre a obrigatoria limpeza regulada mediante unha normativa modificada pola Xunta de Galicia para este ano 2018.

 

“Mentres outros concellos organizaron charlas informativas polo miúdo en cada parroquia, co fin de informar ós veciños e veciñas e aclarar dúbidas sobre as franxas de protección que determina a nova normativa, en Xinzo esperan ó último día para facer unha única reunión na Casa da Cultura, á que moitos dos interesados e interesadas non poden ir”, relata Lama. “Este encontro fixado ás 11 da maña impedirá a asistencia de moitos veciños e veciñas polas súas obrigas laborais, incluso a pesar de que teñan interese no asunto”, recorda a portavoz antes de salientar que “fixar esta reunión en horario laboral demostra, unha vez máis, que os responsables do PP non teñen nin idea de gobernar este concello”.

 

A nova normativa determina que estes traballos de limpeza e roza deberán estar rematados o 31 de maio, cando en anos anteriores, a data límite situábase no 30 de xuño. “En Xinzo de Limia, sitio distinto, no canto de informar correctamente a toda a poboación deste cambio tan relevante, o PP crea confusión e desinformación citando á veciñanza o mesmo día que remata o prazo a unha hora totalmente impropia, esquecendo que os cambios na norma están xerando inquedanzas, especialmente nos propietarios de idade avanzada que pensan en multas inasumibles ou en expropiacións masivas”, aseveran os socialistas desta vila ourensá.

 

A normativa vixente tamén establece que, si os propietarios incumpren o deber de limpar as distancias establecidas na Lei de Montes ou manteñen en estado de abandono predios de concentración parcelaria, provocando ou agravando estes incumprimentos un incendio forestal, os custes de extinción poderán ser repercutidos ós propietarios dos terreos, unha situación legal que a maioría das persoas afectadas descoñecen.

 

O grupo socialista destaca que “todos os cambios na normativa, as datas para executar traballos de roza e limpeza, e todos os elementos punitivos que determina esta lexislación, deberían ser coñecidos polos propietarios dende hai tempo, a través da obrigada labor de publicidade e información que teñen as administracións públicas locais”, polo que describen ó goberno do PP de Xinzo de Limia como un “desgoberno irresponsable por non facer reunións