Dende a Limia
03:19 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

O PSDEG-PSOE DE XINZO DE LIMIA CONSIDERA UN DESPROPÓSITO O TOLDO INSTALADO POLO PP NA PRAZA MAIOR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

| 21 de Mayo de 2018 (20:45 h.)

A portavoz do PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia, Elvira Lama, considera un “despropósito” o toldo instalado polo goberno local na Praza Maior da vila durante o Día das Letras Galegas, un toldo que “evidencia a desgana e o mal facer do PP, que ante calquera evento que se celebra na Praza Maior, sempre acaba colocando unha estrutura metálica de moi pouca calidade, cun toldo azul impropio de calquera acto que se precie, en lugar de una carpa en condicións”.

234Os socialistas solicitaron repetidamente unha solución axeitada para que os eventos culturais, deportivos e de outra índole que teñan lugar nas prazas de Xinzo, teñan un escenario apropiado e digno, pero a veciñanza segue sen unha solución decente. “Denunciamos a reiterada neglixencia por parte do goberno local conservador ó colocar un parapeto cun toldo vello en cada ocasión, sen poñer en valor o organizado alí, para o desfrute dos veciños, veciñas e visitantes”, relatan.
Os pasados Día das Mulleres, Día do Libro ou o Día das Letras de Galegas son algunhas das datas nas que esta foi a solución cutre dada polo desgoberno local. Ademais de actos oficiais, outras iniciativas privadas de gran repercusión organizadas por asociacións, solicitan ó concello da vila unha carpa ou toldo para facer visible o seu traballo e, sen embargo, o PP opta sempre pola famosa estrutura metálica cun plástico azul que parece unha cuberta para almacenar ladrillos nun traballo esporádico.

“Xa non é a primeira vez que ese espazo non conta nin sequera con toma de electricidade para instalar micrófonos ou altofalantes, tendo que acudir a un negocio próximo de calquera veciño que lles deixe conectar coa rede. E non esquecemos a mala costume de organizar actos pouco anunciados e a horas inapropiadas, cando apenas hai xente no centro de Xinzo” relata Lama.

Os socialistas aseveran que “con estas decisións, demostran simbolicamente a falta de mimo e preocupación por parte do grupo de goberno do PP, e o pouco respecto pola intelectualidade e o tempo de lecer dos  veciños e veciñas  de Xinzo que, moitas veces, vense obrigados a abandonar a súa vila en busca de paseos agradables e tempo de lecer de calidade, danando así a importantes sectores da economía local como o comercio ou a hostalería”. “O goberno local de Xinzo deixa moito que desexar en canto a organización e difusión da cultura e dos actos culturais, segundo a nosa opinión e tamén segundo as manifestacións de todo tipo de asociación”, conclúen.