Dende a Limia
16:57 h. Viernes, 16 de Noviembre de 2018

O PSDEG-PSOE DE XINZO DE LIMIA DENUNCIA QUE O DESLEIXO DO GOBERNO LOCAL DO PP CONVERTEU AS PISCINAS EXTERIORES NUN VERTEDOIRO DE COMPOSTAXE

| 20 de Junio de 2018 (15:29 h.)

 

 O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia denuncia que, unha vez máis, o desleixo do Goberno local do PP está a prexudicar á veciñanza, xa que converteu as piscinas exteriores desta vila ourensá nun vertedoiro para compostaxe e de maleza. O grupo municipal socialista rexistrou o pasado mes de febreiro unha moción demandando a reforma e adaptación destas instalacións deportivas, iniciativa que foi rapidamente contestada por parte do grupo do PP ó asegurar que xa se estaban a traballar na proposta.

Elvira Lama denuncia a falta de traballo, iniciativas e programación do equipo municipal do PP, que deixa á veciñanza totalmente abandonada ante a improvisación en pleno verán.

A portavoz, Elvira Lama, denuncia que os traballos efectuados son totalmente insuficientes e “á espera dunhas obras de adecentamento adecuadas e completas que fagan posible un verán de gozo para os usuarios e usuarias, atopámonos con inxentes restos de herba amoreados na entrada do recinto, como si dun compostoiro se tratara”. “Igualmente as zonas de aparcadoiro á sombra levan meses ou incluso anos totalmente sucios con follas sen recoller e, por si fora pouco, ás arbores interiores que delimitan o recinto e que foron plantadas para protexer a intimidade dos bañistas, nuns casos están seriamente danadas polos temporais e noutros casos foron podadas sen que os restos da poda foran retirados”, destapa Lama.

 

“Toda a maleza acumulada e non retirada polo concello pode provocar risco de incendio e tamén pode converterse nun niño de bichería e lixo, aumentando perigos innecesarios para usuarios e usuarias”, relata a portavoz. “O Concello dixo que pretendían adicar a estas necesarias obras de reforma e mellora uns escasos 38.000 euros e, segundo afirmou o servizo municipal de urbanismo, esa cantidade non da nin para comezar, e tampouco se poderán cadrar os prazos para facer calquera tipo de actuación de calado para o estío deste ano”, explica a voceira.

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia critica a nula esixencia do grupo de goberno municipal, que se conforma con ir tirando mes a mes sen facer absolutamente nada, para que este necesario e demandado servizo público de uso e desfrute nos meses de verán sexa o axeitado. “Este desleixo provoca, como en anos anteriores, que moitas persoas prefiran desprazarse a outros municipios con instalación mais dignas e axeitadas”, recordan. “A falta de iniciativas e de programación do equipo municipal do PP deixa á veciñanza totalmente abandonada ante a improvisación, e a un goberno local que unicamente se adica a cumprir meros trámites para pasar as mínimas inspeccións, sen importarlle a calidade do servizo”, denuncia Lama.

 

Os socialistas destacan que o goberno de Xinzo está “sumido na total deixadez de funcións tamén neste recinto deportivo”, polo que pensan que non tardarán en chegar denuncias dos usuarios e usuarias ante pésimo, xa que despois de pagar unha entrada para usar unhas instalacións axeitadas e seguras, vanse atopar un recinto que non merece tal cualificación.