Dende a Limia
20:23 h. Sábado, 17 de Noviembre de 2018

O PSDEG-PSOE DE XINZO DE LIMIA DENUNCIA QUE O PP PRIORIZA O GASTO EN PROPAGANDA E COMUNICACIÓN ANTES QUE NA SEGURIDADE DO MUNICIPIO

| 09 de Julio de 2018 (20:27 h.)
Grupo Municipal socialista1
Grupo Municipal socialista1

O Grupo Municipal Socialista de Xinzo de Limia ven de solicitar unha reunión urxente e inmediata da Comisión de Trafico e Persoal do concello, ó ter coñecemento de que o sábado e o domingo pola tarde non houbo servizo de policía local en Xinzo, un dos servizos considerado como básico dentro da lexislación que lle compete ós concellos. “O grupo de goberno do PP non pode escudarse na imposibilidade para contratar para tapar a súa incompetencia, xa que as limitacións son as mesmas de anos anteriores e daquela si que se contrataban axentes de reforzo para os meses de verán”, denuncia a portavoz, Elvira Lama.

234“O que esta a acontecer con este servizo é a falta de persoal básico para cubrilo, algo insólito e inaudito, agravado pola falta de aboamento dos salarios que lles corresponden polo servizo nocturno dende hai un ano, o que provocou que non houbera policías no servizo de tardes a pasada fin de semana”, relata Lama. “O grupo de goberno local  prefire ter un comunicador oficial a soldo contratado por un ano, pola módica cantidade de 21.000 €, en lugar de pagar policías auxiliares de reforzo para os meses de verán e poder, deste xeito, cubrir as posibles baixas e vacacións do persoal” afirma a portavoz.

O numero de efectivos actual de 13 policías é claramente insuficiente, tal como corresponde ó concello polo número de habitantes. “Mentres estamos á espera da incorporación de dous novos axentes que aprobaron a oposición hai un ano e que están en formación, segundo o número de axentes que marca a lexislación en función do numero de habitantes, a Xinzo corresponderíanlle 18 efectivos para ter un servizo en condicións aceptables”, detallan os socialistas.

Os veciños e veciñas teñen que saber cal e a situación: desde o concello prefiren que a veciñanza  estea  ‘ben informada’ pero menos segura, e para iso pagan máis de 21.000 € en lugar de contratar policías”, aseveran. “Esta situación agrávase polo mes no que estamos, en pleno verán, con maior numero de poboación visitante e transeúnte, e a proximidade das festas patronais”, destaca a portavoz.

O desleixo deste goberno do PP en Xinzo está a provocar situacións que nunca se deran no concello como, por exemplo, un sábado e un domingo pola tarde sen servizo e o domingo pola maña cun só efectivo. “Non é de recibo que coa presión fiscal que se paga neste concello, os limiaos non teñan policía local como lles corresponde e se despilfarren cartos en facer fotiños e notas de prensa a demanda. A seguridade cidadá e un servizo básico atribuído pola lei e que debe estar planificado todo o ano. En Xinzo, sitio distinto, iso non ocorre polo desgoberno e a parálise que día tras día sofre esta vila”, conclúen.