Dende a Limia
05:53 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

O PSDEG-PSOE DE XINZO PROPÓN QUE O PLENO APROBE UNHA BATERÍA DE MEDIDAS PARA FREAR O ABANDONO DO RURAL QUE É FACTOR CLAVE PARA O PRESENTE E O FUTURO

| 29 de Noviembre de 2017 (22:00 h.)
Elvira Lama
Elvira Lama

O PSdeG-PSOE propón un importante debate de calado para o futuro da comarca da Limia e, en xeral, de toda a provincia de Ourense. Unha segunda moción para o vindeiro pleno municipal de Xinzo reclama medidas para frear o abandono do rural, debido ó seu papel clave “como dinamizador fundamental e base da economía produtiva”. Os socialistas alertan, unha vez máis, de que “levamos décadas de desatención, envellecemento demográfico, falta de relevo xeracional nas explotacións, abandono da actividade agraria e gandeira ou de eliminación de toda clase de servizos públicos” o que está a condear o futuro de todos nós. E por iso creen que debemos impulsar unha “aposta clara de todas as administracións públicas” porque “a xente ten que ter servizos de calidade de vida á altura dos tempos en que vivimos, así como percibir un recoñecemento por parte da sociedade polo labor desenvolto no rural”.  

A portavoz do PSdeG-PSOE, Elvira Lama, explica que “estamos ante unha cuestión clave para o presente o futuro das nosas vidas e, sobre todo, das vidas dos nosos fillos e fillas, polo que debemos apostar sen titubear por recuperar o impulso perdido do rural da provincia de Ourense”. “A importancia do rural para a economía dos veciños e veciñas de Limia é moi grande polo que debemos ter moi claro que necesitamos medidas claras, concisas é útiles que, sen demora, lle dean a volta a esta situación de abandono a que estamos sometidos”. Lama denuncia que “levamos décadas de desatención e recortes de todo tipo que están a expulsar a xente do lugar onde realmente quere vivir, pero non pode pola vergoñenta falta de servizos e oportunidades”. 

Na moción reclámanse dez acordos ó pleno municipal de Xinzo de Limia, entre os que destacan instar ó Concello a que solicite “á Presidencia da Xunta de Galicia a apertura dunha mesa de traballo, na que estean representados todos os actores institucionais, sociais e económicos que poidan facer achegas para desenvolver medidas políticas urxentes para combater o abandono do medio rural”; esíxese á Xunta “a dotación orzamentaria suficiente e sostida no tempo que permita afrontar” o problema e reclámase a aplicación “dun paquete de medidas urxentes de contención económica” fronte a seca, xeada e lumes. O texto tamén pide unha nova política forestal; unha reforma do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia; ampliar e manter servizos no rural (acceso a Internet ou impulso das enerxías renovables) e tamén solicita que “non se atrase nin un día máis a solución aos graves problemas estruturais que ameazan o futuro de agricultores e gandeiros, como a mobilidade de terras que permita o acceso ás terras aos mozos que se incorporarán nos próximos anos”.

Estas son as 10 medidas propostas polos socialistas