lunes 26.08.2019

O PSdG-PSOE de Xinzo de Limia esixe de maneira urxente e inmediata a copia dos proxectos de reparación das vías municipais

A voceira lamentou que “anden as carreiras facendo chapuzas  porque comezan as eleccións e xa non poden acometer ningunha obra”

O PSdG-PSOE de Xinzo de Limia esixe de maneira urxente e inmediata a copia dos proxectos de reparación das vías municipais

Elvira Lama voceira dos Socialistas no Concello denuncia que  “ademais dunha vergonza é unha falta de responsabilidade por parte do concello como se están a tapar as fochancas nas rúas de Xinzo e dos pobos”.

FOCHANCAS

Por iso, o grupo municipal ven de rexistrar un escrito no concello esixindo de maneira urxente e inmediata a copia dos proxectos de reparación das vías municipais, así como o orzamento, partida a cal se imputaran e prazo de execución das mesmas.

Lama asevera que “ o concello ten a obriga de facer públicos os informe dos técnicos de urbanismo e  memoria das actuacións nas vías de titularidade municipal, así como, a copia dos proxectos e os contratos de adxudicación as empresas”.

Lama lamentou que “ andan as carreiras  porque comezan as eleccións e xa non poden acometer ningunha obra e por iso andas as chapuzas”.