Dende a Limia
00:13 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

O PSDG-PSOE DE XINZO DE LIMIA RECLAMA MELLORAS E ATENCIÓN URXENTE DAS NECESIDADES DOS EMPRESARIOS E EMPRESARIAS DO PARQUE EMPRESARIAL

| 29 de Noviembre de 2018 (20:18 h.)
poligono-xinzo-limia
poligono-xinzo-limia

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia ven de rexistrar unha moción na que demanda a adopción de melloras moi reclamadas polos empresarios e empresarias da vila, pero longamente desatendidas polo PP desde o Concello e a Xunta de Galicia. A iniciativa insta ó concello desta vila ourensá a dotar de partida os orzamentos do ano 2019 para acometer o mantemento da iluminación, rúas e beirarrúas do parque empresarial; a instalación de paneis informativos sobre as empresas instaladas neste recinto, ou dotar de contedores de recollida de residuos diferenciados, sobre todo para papel, cartón e plásticos, ó carón daquelas empresas que o soliciten. Tamén reclama designar con nomes ou números cada parcela de cara a identificación exacta nun mapa, e a estudar a instalación de cámaras de vixilancia para maior seguridade.

A deputada provincial e portavoz local, Elvira Lama, denuncia que os empresarios e empresarias de Xinzo “levan 20 anos abandonados e, para colmo, seguen sen obter Elvira Lamaresposta algunha ás súas solicitudes de melloras tan básicas como a iluminación do parque empresarial”. “O desleixo do PP desde o concello e desde a Xunta é grande porque non obteñen solucións a problemas cotiás xa non como empresarios e empresarias, senón  como veciños e veciñas que pagan os seus impostos e as súas licencias para ter dereito a ser tratados por parte do concello con dilixencia e con eficiencia”, explica. “O PP debe traballar para finalizar este abandono, pero como o goberno local do PP está enredado nas súas liortas internas, somos os socialistas os que atendemos ás empresas e os autónomos”, relata.

O grupo municipal socialista explica que as eivas e o abandono que padecen “é un clamor en cada xuntanza de máis de catro empresarios e empresarias, e así o temos constatado en varias ocasións, ata tal punto de que denuncian constantemente falta de seguridade, de información, de limpeza, de iluminación e incluso teñen falado de trato de favor de algúns empresarios con respecto a outros”. Lama asevera que presentan esta moción porque “é urxente destinar partidas concretas para solucionar parte das demandas do parque empresarial que son competencia da administración local”. “A parálise e a preguiza deste desgoberno do PP está a converter a nosa comarca nun buraco negro empresarial e iso tamén é causa da regresión demográfica na que estamos sumidos”, insiste a portavoz antes de recordar que “Xinzo precisa mellorar de inmediato a súa capacidade de atraer empresas porque temos unha taxa de paro elevada, e para poñerlle freo debemos ser unha localidade económicamente competitiva e moi atractiva para os investimentos”.

A pesar de que a meirande parte destas importantes actuacións son responsabilidade municipal, o PSdeG-PSOE de Xinzo tamén demanda no texto da súa moción, solicitar das distintas consellerías da Xunta de Galicia, en tempo e forma, as subvención suficientes e necesarias para acometer os traballos nos que o Concello non se considere competente. Lama conclúe esixindo “celeridade dos responsables municipais e autonómicos posto que esta pésima situación de abandono non pode alongarse máis tempo”.