Dende a Limia
14:07 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Rematou o curso de cestería de Sandiás

| 05 de Noviembre de 2017 (10:52 h.)

Durante tres fins de semana 14 veciños de Sandiás dirixidos por Rubén Berto  fixeron o curso de iniciación en cestería tradicional.

Segundo as manifestacións feitas polo profesor pontevedrés  os alumnos e alumnas deste curso, non solo fixeron o curso de iniciación, se non que grazas o esforzo realizado durante os 3 fins de semana, chegaron a adquirir a destreza e coñecementos suficientes para rematar no mesmo, traballos de cestas mixtas e canistrelos, que noutros cursos fanse nos de perfeccionamento.

2

As cestas mixtas confecciónanse con madeira e vimbio e o canistrel tradicional  da comarca da Limia, solo con vimbio.

O curso de 30 horas foi subvencionado ao 100% polo GDR 10 Limia-Arnoia.