Dende a Limia
04:58 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Un dos retablos máis fermosos da provincia está a ser restaurado

| 11 de Septiembre de 2018 (22:54 h.)

Dende fai aproximadamente 15 días os restauradores  Ana  Mª Rodríguez  e Rubén Compés,  están traballando na restauración total do retablo central da igrexa de  Sta. Baia de Berredo , mo concello da Bola ,limítrofe coa Limia pola estrada de Celanova.

PROXECTO DO GDR Limia-Arnoia

O retablo maior da igrexa atribúese  ao escultor Castro  Canseco. Aínda que non hai documentación sobre a  súa autoría, nótase que a obra, segundo a propia restauradora, saiu dos seus talleres. Garda gran relación con traballos realizados   na igrexa do Mosteiro de Celanova e na Catedral de Ourense.

É un retablo  Barroco de grandes dimensións .  Con imaxes de S.Rosendo , Sta. Baia, S.Benito S.Brais  e o Arcanxo  Miguel. 

O Proxecto  de restauración , presentado polo párroco da igrexa ,  supera os  24.000 €. O  GDR Limia-Arnoia aporta  case 15.000 € , dentro do apartado de NON PRODUCTIVOS.

Os traballos que leva a cabo a empresa DEXTRA espérase  que se rematen a finais de ano.

 RETABLO SEN RETINTES

catsA situación actual do retablo, segundo conta Ana María, é bastante boa. Non ten retintes (nas diferentes actuacións que tivo ao longo destes séculos, ninguén botou pinturas  encima). Simplemente se emplearon  barnices, goma laca, que eran os materiais que utilizaban dende o Renacemento para conservar. Poderiamos  dicir que está moi vello, pero con toda a policromía orixinal.

Para a súa restauración primeiro tratamos de consérvalo e despois recuperar a súa policromía, como xa se pode ver nalgunhas das partes.

Na parte superior está máis deteriorado. O retablo é de castaño policromado con pinturas ao temple a cola. Como xa dixen, os temples están ben . Ten moitas tallas, rocallas e vexetais, dourados con pan de ouro de 24 K, dourado a auga. Nalgunhas partes  xa lle faltan anacos de pezas.   Sendo  a súa consolidación e bastante delicada.

A rehabilitación pasa polas fases de limpeza, eliminación de detritus, guano, suciedade superficial , polvo, hollín e telarañas. Despois vén a limpeza físico - química  con disolventes e isopos de algodón. Para o final a súa consolidación .

Un dos aspectos máis positivos que ten a fase de desinsectación (ataques de xilófagos) ataques de insectos é que neste momento xa non ten ningún parásito, ten tantos anos que non ten animais vivos.

 IMG-20180911-WA0022Hai moitas pezas soltas, e hai que reforzar a estructura do retablo.

Neste momento estamos coa fase de limpeza con pinceis e xiringas, para que non se perda nada.