Dende a Limia
05:55 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

REUNIÓN DO COMITÉ DE SEGUIMENTO DOS REGADÍOS DA LIMIA

| 22 de Junio de 2018 (18:47 h.)

O vindeiro luns, día 25 de xuño, ás 12.30 h terá lugar a reunión do comité de seguimento dos regadíos da Limia na Consellería de Medio Rural en Ourense.

A mesa está composta por os Presidentes das catro Comunidades de Regantes, os Concellos de Xinzo de Limia, Trasmiras e Porqueira, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, a Xefatura Territorial de Ourense e os técnicos de infraestructuras agrarias,  Traggsa e Adegal.

Ante a colaboración  de Adegal  coas  Comunidades de regantes Corno do Monte, Alta Limia, Lamas-Ganade e San Salvador de Sabucedo, solicitouse a realización dos sondeos de investigación das captacións, nun total de vinteseis puntos localizados e distribuídos na superficie a regar que ocupan as catro comunidades mencionadas, unhas 4.150 Ha de cultivo.

Xa están realizados os proxectos técnicos para os sondeos, por tanto, so cabe esperar a execución das obras co presuposto asignado e que Medio Rural asuma os compromisos adquiridos, esperando esta comunicación na próxima reunión mencionada.