Dende a Limia
16:29 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Segue a campaña de Nadal de Prolimia

| 31 de Diciembre de 2017 (10:15 h.)

Tódolos comercios, establecementos e negocios e empresas adheridos a asociación ProLimia están a entregar aos seus clientes un rasca por cada 10 € de compra. Neles poderán acadar premios directos, pero unha vez cos seus rascas, participarán nun sorte que se levará a cabo na Praza Maior o mesmo día 12 de xaneiro no que o premio será unha viaxe para dúas persoas.

prolimia

Recordan os membros da asociación que solo os establecementos  que teñan a árbore de ProLimia, na porta ou dentro do local son os que agasallan aos seu clientes cos rascas.

Dende ProLimia queren desexar un bo fin de ano e un venturoso 2018, e que este ano sexa o da consolidación total da asociación creada hai tan so uns meses, pero da que forman parte a maioría do comercio, hostalaría e empresas de servizos da Limia.