Dende a Limia
23:43 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Seis niños nunha semana

| 30 de Julio de 2018 (23:09 h.)

Na noite do luns o equipo especializado de Protección Civil, xa entrada a noite trasladouse ata o domicilio dun veciño que na mañá acudira  ao Concello para avisar da existencia dun niño de avespas(resultaron ser velutinas) no cerre da súa finca.

QUINCE DIAS ESPERANDO

IMG_6651Fai quince días que o veciño , mentres estaba podando o seto da peche da finca, recibiu tres picaduras de outras tantas avespas. Inmediatamente trasladouse o ambulatorio onde foi tratado, quedando todo, no susto a inchazón e a dolor.

Chegou a casa e chamou o 012(Servizo telefónico de atención da Xunta) onde lle dixeron que non se preocupara que xa eles se ían a por en contacto co Concello.  Isto ocorreu o 16 de Xullo. Como ninguén  se puña en contacto, esta mañá trasladouse ata o Concello para avisar a Policía Local a cal avisou a Protección Civil, para que fose mirar, e esta mesma noite procederon a súa retirada.

O veciño está moi satisfeito con servizo prestado dende o concello, porque segundo nos manifestou, o seu fillo si é alérxico as picaduras, e si non vai (onte) avisar persoalmente, estaría esperando, ata sabe cando.IMG_6657