Viernes 22.02.2019

Semana adicada a Carlos Casares

Coincidindo coa semana das Letras Galegas

Hoxe, 17 de abril os membros da Concellería de Cultura e Festas presentaron un adianto da programación cultural de Xinzo de Limia para os meses de abril a setembro do 2018.  Do 7 ao 12 de maio, o Concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares colaboran na  semana de actividades e concursos para conmemorar ao escritor ourensán, un ano despois da celebración do Día das Letras Galegas na vila. Organizáronse varias actividades, entre elas a exposición “Os mundos de Carlos Casares”, a exposición didáctica “A cara dos Libros” e a celebración de concursos, actividades e premios cuxa información e bases poden encontrarse en www.fundacioncarloscasares.org ou en http://www.xinzodelimia.é/articulo/cultura/convoca-terceira- edicion-do- premio-literario-narrativa-curta-galego/20180324230815001353.html.

VISITAS GUIADAS PARA VER A EXPOSICIÓN  Os mundos de Casares

Ademais de xornadas de portas abertas para que calquera persoa visite a exposición "Os mundos de Carlos Casares", organizaranse catro visitas guíadas diariamente durante os días 7 a 11 de maio.