Dende a Limia
06:47 h. Martes, 25 de Julio de 2017

A SEPTIMA EDICIÓN DO PERCORRIDO DA SAÚDE POLA ZONA RURAL DE OURENSE INÍCIOUSE EN ARNUIDE

| 11 de Julio de 2017 (18:56 h.)
mandianes en arnuide
mandianes en arnuide

A Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia , entidade sen ánimo de lucro de iniciativa social comunitaria, retoma o percorrido da saúde pola zona rural de Ourense na súa sétima edición cunha conferencia/taller divulgando hábitos de vida saudable.

Manuel Mandianes, antropólogo e membro do CSIC falou nesta ocasión sobre o genotipo e fenotipo, achegándonos os costumes sociais e hábitos do home ao longo da historia. A lonxevidade e os hábitos de alimentación saudable é o enfoque que nestes talleres dálle Pablo García Vivanco, Licenciado en Farmacia e Máster en Nutrición.

pablo vivanco y mandianesCo obxectivo de chegar a diferentes puntos da provincia de Ourense, este percorrido iniciou a súa andaina en Arnuide e continuará en diferentes puntos da Limia para finalizar en Xinzo de Limia, onde se complementará a formación con talleres sobre alimentación saudable dirixidos a toda a poboación en xeral, pero especialmente a familiares e coidadores de persoas dependentes, as cales teñen unhas necesidades específicas para as que é necesario ter información.

O apoio de Concellos da comarca, o de Coren coasúa  involucración nas necesidades do rural , así como o de asociacións e voluntarios farán posible o labor da Escola Rural de Saude dá Limia no seu percorrido,  focalizadando no rural os seus programas de promoción, prevención e educación para a saúde.