lunes 26.08.2019

“Unha situación económica exemplar”, o PP contradice a Lama

O balance de xestión do partido popular sitúa os ingresos por enriba dos gastos

Tras as declaracións da alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, onde cualificaba a situación económica do concello de “grave” o PP toma a palabra deixando constancia de que “cartos hai”.

O voceiro do grupo popular en Xinzo, Antonio Fernandez Veiga, que afirma que “este grupo de goberno actual minte” fundamentou os seus argumentos a favor dunha boa liquidez financiera na acta de Arqueo que reflexa o análise e comprobación do diñeiro existente nas contas bancarias. Segundo este documento o concello tería actualmente preto dun millón de euros en caixa, para rematar o ano, ao que se lle sumaría unha póliza de crédito que ascende aos 700.000 euros. Ademais disto tamén se incluiría unha participación do Estado que chegaría aos 1.050.000 euros e 374.000 euros de recaudación da deputación provincial. Polo tanto, segundo o balance facilitado polo propio partido habería un total de 3.863.000 euros que xa inclúe as subvencións outorgadas pola deputación, a Xunta e o recaudado polo concello.

IMG_20190716_112053

Por outra banda, tamén puxeron de manifesto os gastos que haberá ata finales de ano, cuxo total sitúase nos 3.531.000 euros. Deste xeito, recalcan a existencia dun superávit que rondaría os 300.000 euros e que “este balence de xestión do último ano non se parece en nada ao que dicía a señora Lama”.

A todo isto, Carlos Gómez, parlamentario na Xunta de Galicia, engade que “a xestión do partido popular nos últimos oito anos foi modélica” e “o concello de Xinzo ten absoluta liquidez”. Tal e como afirman, isto vese reflexado, principalmente, na redución da débeda dun 138% a un 44% e nun período de pago entono aos 30 días.

A conclusión á que chega o anterior goberno, é que “non hai xestión caótica”, senón “certo caos no inicio de xestión” actual, xa que o primeiro que se tiña que haber feito era un presuposto.