Dende a Limia
05:48 h. Miércoles, 14 de Noviembre de 2018

OS SOCIALISTAS DE XINZO DENUNCIAN NOVAMENTE A CARENCIA DE SERVIZO DA POLICÍA LOCAL NO QUE VAI SUPOR A TERCEIRA FIN DE SEMANA NO QUE VAI DE ANO

| 07 de Septiembre de 2018 (21:03 h.)

O PSOE de Xinzo denuncia que, con este, xa van tres fins de semana nos que a localidade vai estar sen servizo de policía local. De feito, foi a raíz dunha denuncia previa dos socialistas, na que reclamaban a convocatoria urxente da comisión de seguimento de tráfico e seguridade, cando o goberno aprobou o pago de todos os atrasos de 2017 que se lle deben aos policías polas quendas de garda. A portavoz do PSOE no concello, Elvira Lama, sinala ao respecto que: xa o dixemos cando fixemos a reclamación da convocatoria urxente da comisión, estamos baixos de persoal, de 15 axentes só temos 7 en activo e ademais debéndolle cartos polas horas de garda nocturna en fin de semana que fan. Entre que son poucos e teñen que se coordinar para respectar os tempos de descanso e o despropósito de telos sen cobrar, dificilmente se vai solucionar este grave problema de seguridade en Xinzo.

 

A pesares de que a xunta de goberno local aprobou o pago dese endebedamento, a día de hoxe, segundo  corroboraron desde o PSOE, os axentes non recibiron ningún pago atrasado, é máis, seguen acumulando débeda polas quendas deste ano. É intolerable que unha vila como Xinzo teña esta problemática, imos camiño dos 3 fins de semana sen vixilancia policial, precisamente nos meses do verán e precisamente nos dous días, venres e sábado, que máis xente hai na localidade e que máis problemas poden acontecer. É un milagre que aínda non ocorrese unha desgraza por esta carencia de seguridade local, asevera a voceira socialista.

plenoouç (4)Segundo comprobaron os socialistas, os pasados 24 e 25 de agosto así como o venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro non houbo servizo de policía local  no  concello,  engadíndose  este  vindeiro  do  7  e  8  de  setembro,  co agravante de que vai  ser unha das fins de semana con máis afluencia na contorna  pola  romaría dos Milagres.En verbas de Lama Fernández, ¨xustamente nestes días cando máis xente vai transitar pola pista que  vai a Vilar de Barrio, van moitos romeiros andando cara aos Milagres e poden darse situacións de risco, accidentes, etc. Máis aló que sexa ou non competencia exclusiva dos axentes locais de Xinzo, estes sempre prestan apoio a outros corpos de seguridade en situacións como as que se poden vi vir nestas datas. A xente de Xinzo e dos arredores ten que saber que estamos desprotexidos durante dous días e que non se pode permitir.

Os socialistas reclámanlle as convintes explicacións ao Concello de Xinzo e ao seu equipo de goberno, posto que é de total responsabilidade municipal a contratación dos axentes da policía local. Elvira Lama conclúe que, imos reclamarlle todas as responsabilidades e explicacións que sexan necesarias para saber como se chegou a este punto de desidia cara á seguridade veciñal e sobre todo que medidas inmediatas pensan tomar tanto para restablecer o servizo e que non volva repetirse como para que se lle pague o que se lle debe aos policías.