Dende a Limia
20:44 h. Miércoles, 17 de Octubre de 2018

OS SOCIALISTAS DE XINZO DE LIMIA RECLAMAN UNHA BATERÍA DE MEDIDAS PARA QUE OS ESPAZOS PÚBLICOS DO MUNICIPIO CUMPRAN COA LEI DE ACCESIBILIDADE DE GALICIA

| 07 de Junio de 2018 (23:57 h.)

O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia reclama unha batería de medidas para adaptar os espazos públicos deste municipio ourensán á Lei de Accesibilidade de Galicia. Mediante unha moción que se debaterá no vindeiro pleno municipal, os socialistas solicitan que os servizos técnicos do Concello, en colaboración coa Policía Local, elaboren unha relación das eivas e incumprimentos que precisen de adaptación, así como a redacción dos proxectos técnicos necesarios para cumprir coa normativa vixente. Igualmente demandan que se habilite partida orzamentaria suficiente para levar a cabo estes traballos, e instan a solicitar á Deputación e á Xunta de Galicia as axudas e subvencións habilitadas para este fin.

IMG_5691A portavoz municipal, Elvira Lama, denuncia que “a pesar das nosas reiteradas peticións e iniciativas reclamando estes cambios útiles para tanta xente, peticións que facemos reiteradamente desde hai anos, o goberno do PP non actuou na meirande parte dos espazos municipais que precisan desa urxente adaptación”. “Non fan absolutamente nada e para colmo entorpecen a vida diaria dos veciños e veciñas con esta parálise”, asevera. A portavoz recorda que “o colectivo con discapacidade vai mais aló das persoas con mobilidade reducida e, por iso, tamén son necesarias outras medidas nos semáforos de peóns ou información na linguaxe de signos, entre outras contempladas na lexislación”. “Compre que o PP deixe de facer caso omiso a estas demandas e que se poña a traballar, porque as continuas dificultades ás que se enfrontan as persoas con mobilidade reducida son síntoma evidente dunha necesaria e minuciosa revisión de todos os edificios públicos, espazos de lecer, parques, xardíns, rúas, beirarrúas ou construcións públicas aínda sen adaptar para desfrute de todos e todas”, insiste.

De feito, a meirande parte dos espazos públicos de Xinzo nos o PSdeG-PSOE denunciou carencias de accesibilidade ó longo destes anos, seguen mostrando os mesmos problemas que, en moitos casos, empeoraron. Hai numerosísimas beirarrúas con fochancas e pedras rotas que dificultan sistematicamente o tránsito de persoas con cadeiras de rodas ou muletas, e os rebaixes existentes nas ramplas dos pasos de peóns incumpren a normativa. “Incluso hai beirarrúas que aínda carecen deste obrigado rebaixe a pesar de estar situadas fronte a servizos básicos como unha farmacia”, denuncian os socialistas. O parque do Toural é inaccesible para persoas con mobilidade reducida dende a rúa Alexandre Bóveda, polo que a única opción que lles queda ós afectados e afectadas é entrar pola estrada paralela ó río Limia.

Nas prazas de aparcamento reservadas para persoas con discapacidade e mobilidade reducida hai que instalar e renovar a sinalización vertical e horizontal, e na piscina municipal climatizada discrimínase a este colectivo, xa que en lugar de instalar un elevador –como se fixo no Museo Galego do Entroido–, optouse por sinalar o acceso ó ximnasio do andar superior mediante unha rampla polo exterior do edificio.

Os incumprimentos da normativa son numerosos. O segundo andar da Casa da Cultura non conta nin con rampla nin con elevador, polo que o acceso para estas persoas está vetado. A Escola de Gaitas e Percusión tampouco foi adaptada. Nos espazos deportivos como o pavillón de deportes, o acceso adaptado queda restrinxido á pista polideportiva con entrada polo acceso lateral, dado que no acceso principal hai escaleiras tanto para subir á zona de gradas como para baixar ós vestiarios. Neste mesmo espazo, os aseos quedan vetados porque dende a zona de pistas tamén hai escaleiras