miércoles 23.10.2019

O subdelegado do Goberno en Ourense instou ás empresas ourensás a preparar plans de continxencia para mitigar os efectos da saída do Reino Unido da Unión Europea

O subdelegado sinalou, así mesmo, que este novo plano económico pode converterse nunha oportunidade de negocio para as empresas galegas

O subdelegado do Goberno en Ourense instou ás empresas ourensás a preparar plans de continxencia para mitigar os efectos da saída do Reino Unido da Unión Europea

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, participou na inauguración do seminario sobre as implicacións para as empresas galegas da saída do Reino Unido da Unión Europea, que se levou a cabo na mañá de hoxe na sede da Confederación Empresarial de Ourense.

Emilio González salientou que un eventual Brexit sen acordo tería un impacto importante na economía galega, posto que o Reino Unido representa o cuarto cliente de Galicia. No ano 2018 máis de 500 firmas da comunidade realizaron exportacións a este país, ás que hai que sumar aquelas que importan produtos británicos.

Do mesmo xeito, o subdelegado do Goberno sinalou que os plans de internacionalización, a formación para a exportación e a asistencia aos españois que se atopan no Reino Unido “atoparán o apoio do Goberno de España e da Unión Europea cunha serie de plans de continxencia ante un posible Brexit duro que permitirán amortiguar os seus efectos no tecido produtivo galego”, pero recalcou “a necesidade de que o propio empresariado elabore os seus propios plans de continxencia analizando as relacións que manteñen co Reino Unido e adaptándose ás novas circunstancias que poidan xurdir, con novos trámites aduaneiros, inspeccións ou novos desafíos loxísticos”.

Xornada BREXITAsí mesmo, instou ás empresas galegas e, especialmente, ás ourensás “a anticiparse ás consecuencias que pode implicar o Brexit para minimizar o impacto deste novo plano económico, sen quedarnos como meros espectadores” e a “converter este reto nunha nova oportunidade de negocio”.
Esta xornada divulgativa forma parte dunha nova campaña para preparar ás empresas ante a situación provocada polo Brexit que leva a cabo a Secretaría de Estado de Comercio (Ministerio de Industria, Comercio e Turismo), a través da súa Delegación Territorial de Comercio e ICEX en Galicia, xunto coas Cámaras de Comercio e as Confederacións de Empresas. Durante as próximas dúas semanas desenvolveranse unha serie de seminarios nas principais cidades galegas ás que poderán asistir de maneira gratuíta todas aquelas empresas interesadas.
Durante estas sesións as empresas recibirán orientacións en función do seu sector e a súa relación co Reino Unido; abordándose os efectos que terá o Brexit no comercio de bens, servizos, inversións e contratación pública. Para iso contarán con relatorios de responsables públicos e expertos en aduanas, comercio exterior e fiscalidade.
Esta nova campaña súmase ás cinco xornadas realizadas en Galicia entre os meses de decembro de 2018 e xuño de 2019, nas que participaron máis de 150 empresas.

O subdelegado do Goberno en Ourense instou ás empresas ourensás a preparar plans de...