Dende a Limia
05:56 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

TALLER DE ILUSTRACIÓN NA CASA DOS POETAS

| 28 de Junio de 2018 (21:16 h.)

A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova organiza un taller de ilustración para nenos de entre 12 e 18 anos na Casa dos Poetas.  Terá lugar os martes e xoves do mes de xullo cun horario de 11:00 a 13:00 e estará impartido por Katharina Ojea, veciña de Celanova.

Este taller de debuxo ten por obxectivo coñecer as diferentes saídas no mundo da arte, fomentar o desenvolvemento das ideas e coñecer as diferentes técnicas da ilustración. Traballarase con grafitos e carbón, base para crear os primeiros esbozos. Empregaranse materiais como tintas ou acuarelas para realizar a obra final e todo isto comezando cunha pequena explicación teórica e pequenas prácticas. Cada sesión terá un protagonista como por exemplo a psicoloxía da cor e as texturas, a figura humana, o retrato, os animais, a paisaxe, as tintas, as acuarelas e finalmente o cartoon.

Do 30 de xullo ó 9 de agosto terá un lugar un campamento de verán no que viaxaremos polos cinco continentes seguindo os pasos da vida ou obra dos persoeiros ilustres de Celanova, com por exemplo Venezuela con Celso Emilio ou Roma con Manuel Curros Enríquez. Destinado a nenos de entre 4 e doce anos terá un horario de 10:30 a 13:30 na Casa dos Poetas.

Para inscribirse deberase contactar coa Fundación Curros Enríquez. Teléfono 646026421 ou fundacion@currosenriquez.es