Dende a Limia
05:58 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

UNHA TARDE MÁXICA NA PRAZA MAIOR

| 06 de Julio de 2018 (10:13 h.)

A Axencia Galega das Industrias Culturais e Turismo de Galicia organizan o programa CULTURA NO CAMIÑO, que desenvolve a súa sexta edición do 16 de abril ao 30 de setembro de 2018. Esta iniciativa conta coa implicación de 103 concellos situados nas rutas xacobeas, onde se realizarán un total de 342 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo a cargo de 146 formacións artísticas galegas configuran esta axende.

 

O sábado 7 de Xullo será a primeira parada no noso concello, onde as 20:00h na Praza Maior se celebrará un espectáculo de máxia e circo, da man do Paiaso Tanito e do Máxico Brais, quen conta a historia de como chegou ao mundo da maxia e conxugará os elementos da Aire, Terra e Fogo para levar a cabo aparicións de pombas ou coellos, que da mesma maneira que aparecen, desaparecen. Durante o espectáculo sucédense recreacións das rutinas clásicas que levaron a cabo prestixiosos magos, pero con adaptacións personalizadas.

 

É unha actividade enfocada a tódolos públicos e que esperamos que desfrutedes!