Dende a Limia
18:30 h. Jueves, 19 de Octubre de 2017

Todos os días desaparecen 10 aspersores dos parques de Xinzo

| 20 de Julio de 2017 (22:40 h.)
Fonte parque Toural
Fonte parque Toural

Como en anos anteriores, chegadas estas datas a concellería de Medio Ambiente que dirixe  Manuel Cabas, contrata os servizos externos dunha empresa que se dedica a baldear as rúas, “unha por unha”, segundo nos comenta o concelleiro, empregando auga, líquidos e xabóns, todos eles autorizados para darlle una lavada as rúas do casco urbano. Esta labor lévaa a empresa  3 veces ao mes e soe tardar entre dous e tres días.

A nosa intención e en particular a miña, comenta Cabas é a de ter o pobo mais limpo posible. Desta maneira intentamos que si a xente ve unhas rúas limpas, non votará as cabichas e papeis o chan.

NON DAMOS FEITO A REPOÑER

Manuel Cabas2Outra das cuestións que quere por de manifesto o concelleiro é que a súa concellería, non da feito a repoñer mobiliario e materiais común.

Fai unhas semanas repuxéronse farolas nos parques e aos dous días xa lle romperán os cristais a pedradas.

Cada día desaparecen 10 aspersores do rego dos parque municipais. O colmo xa chega a tal punto de que cando se limpan as papeleiras e se repoñen as bolsas, estas desaparecen en moitos sitios a media hora de postas. Así é moi difícil manter os parques e dende logo que tamén é moi difícil manter a ilusión por facer as cousas ben, para que a xente, sempre minoritaria loxicamente, desfaga o feito, para dar a sensación de que non se fai nada.

Hai que sensibilizar a todos os veciños e veciñas que todo iso ten un custe, que loxicamente sae dos presupostos e dos impostos de todos.