domingo 22.09.2019

Un turismo circula en zig-zag pola A-52

A colaboración cidadá é esencial para detectar conducións irregulares

Foto arquivo G.Civil
Foto arquivo G.Civil

O día 14 de agosto ás 15:00 horas o 112 recibiu chamadas de cidadáns alertando da presenza dun turismo que circulaba de maneira errática con movementos en zig-zag pola autovía A-52, á altura do municipio de Sandiás. Posteriormente outras chamadas confirman a súa ubicación na mesma vía, pero á altura do pk 143, dirección Benavente.

Inmediatamente puxéronse os feitos en coñecemento do subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense que deu aviso ás patrullas de servizo na zona para que tratasen de localizalo e darlle o alto. Finalmente o vehículo foi detectado na área de descanso de Riós por unha patrulla do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín que someteu ao conductor do turismo ás probas de alcoholemia. O resultado de ditas probas foi positivo de tal xeito que se levou a cabo o correspondente boletín de denuncia.

Así mesmo iniciaranse actuacións administrativas para a posible revocación do permiso de conducir ante uns feitos que evidencian unha perda das facultades psicolóxicas para conducir.