Dende a Limia
03:14 h. Jueves, 26 de Abril de 2018

Os últimos serán os primeiros

| 07 de Abril de 2018 (17:07 h.)

Isto é o que Xesús lle dixo aos seus discípulos, e parece ser que isto tamén é o que lle comunicou o recentemente nomeado alcalde de Xinzo aos seus concelleiros.

A concellería que el estaba a levar no goberno de Antonio Pérez, corresponderalle agora a Ricardo Sieiro a de  Obras, Urbanismo e Infraestruturas.

Segundo puido saber dendealimia.com , o que pretende o rexedor e manter durante o tempo que falta para as novas eleccións a cada concelleiro do grupo nas mesmas concellerías.

UNHA ADICACIÓN REMUNERADA

Tamén o dendealimia puido saber que Sieiro terá unha adicación remunerada pola súa adicación a esta concellería. Aínda está por definir o importe desa adicación, pero suponse que suficiente para compensar a súa vida de Alemania para quedarse na vila, e como el manifesta noutro xornal “poder dedicarlle todo o seu esforzo a este pobo”.