miércoles 23.10.2019

A UNED inicia esta fin de semana dous cursos de iniciación e superior en dirección de bandas de música

Para ambas as iniciativas  matriculáronse 26 alumnos procedentes de España e Portugal

escola directores bandas
escola directores bandas

Este venres, día 4, comeza a terceira edición do curso de iniciación á dirección de Banda de Música que organiza a UNED. O obxectivo é pretender dar resposta a unha demanda da sociedade musical española producida pola gran controversia ao non existir ningunha titulación académica nos conservatorios españois que consiga dar unha formación específica ao itinerario formativo da Dirección musical de Banda, a pesar da importante actividade neste campo que existe no noso país.

O curso, seguindo a filosofía das dúas edicións anteriores, engloba as técnicas de estudo, análise e orquestración con diferentes profesores especialistas de renome nacional e internacional.

E o día 5, sábado, comezará outro curso, o terceiro do ciclo formativo de dirección de banda de música (iniciación e perfeccionamento). Con este curso superior (que inclúe un módulo de formación de psicoloxía e música) os participantes adquiren unha formación práctica e teórica no ámbito da dirección musical e na xestión de equipos. Nesta iniciativa inscribíronse 13 persoas, doce de Galicia, unha de Ávila e outra de Portugal

A UNED inicia esta fin de semana dous cursos de iniciación e superior en dirección de...