Sábado 20.04.2019

Os usuarios do ximnasio da piscina climatizada seguen a queixase

As máquinas son vellas e a metade non funcionan!

Varios usuarios asiduos do ximnasio que se encontra nas instalación da piscina climatizada acudiron ao dendealimia para facer patente o seu malestar polo estado en que se atopan as “maquinas” do mesmo. Esta semana tan solo quedaba, segundo manifestan, una que funcionara ben. Todo isto ademais de dicir que todas teñen tantos anos, que xa é hora de que as vaian cambiando.

Segundo manifestan os propios usuarios, non queremos que as cambien todas xuntas, pero si que como mínimo cada dous meses fixeran un “plan renove” para que ao cabo duns meses puideramos ter uns aparatos semellantes aos que teñen, por exemplo, no concello de Verín.

Postos a fala co Concelleiro responsable xa fai días que mandou a reparalas a empresa que ten o mantemento , contestándolle o responsable da mesma que mesmamente o martes mandou o técnico a mirar, e a maioría ten que levalas aos talleres da empresa, porque alí non pode reparalas.

cats