Sábado 20.04.2019

“Veciñas perigosas” en Xinzo

Está acusada de roubo de máis de 15.000 € ao longo de trece anos

Unha muller de Xinzo de 46 anos, foi detida no día de onte pola G.Civil, como presunta autora de roubo de cartos a unha familia que vivía no mesmo edificio. A contía do subtraído ascende a máis  de  15.000 €.

A veciña, segundo a G.Civil, fíxose  coa chave  do seu piso e durante trece anos foille subtraendo cantidades, unhas veces mais grandes e outras máis pequenas ata conseguir  apoderarse de máis de 15.000 €.