martes 19.11.2019
" A LECTURA É A MENTE O QUE O EXERCICIO É AO CORPO"

Visita a biblioteca municipal

O alumnado de 3 anos do CEIP Carlos Casares "viaxou" ata biblioteca Municipal
Visita a biblioteca municipal

O día 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS e os nen@s de 3 anos do CEIP CARLOS CASARES quixeron  celebralo acudindo a unha cita ineludible: "VISITA A BIBLIOTECA PÚBLICA DE XINZO DE LIMIA".
20191025_123212A súa  chegada foron recibidos pola  biliotecaria Manola, quen lles fixo un pequeno percorrido polas diferentes estancias nas que se atopa divido este espazo de sabedoría, maxia e misterio, presentándolle  as últimas novedades literarias.
Logo despois, asistiron a un contacontos  relacionado coa festa do samaín: "CORRE, CORRE CABACIÑA".
E para rematar puideron disfrutar da sección infantil, sen dúbida ningunha o lugar preferido polos  meniñ@s. Manipulamos, disfrutamos das ilustracións e ata interpretamos algún conto.
Unha experiencia fascinante para tod@s, que resalta a importancia, non só no DÍA DAS BIBLIOTECAS senón sempre de estar en contacto cós libros.

20191025_124749

20191025_122431