Sábado 23.02.2019

Visita infantil ás instalacións deportivas do Concello

Hoxe día 23, ás 10.30 da mañá, os dous grupos de 5ª de Infantil do CEIP Carlos Casares, acompañados por Protección Civil, a Policía Local e o Concelleiro de Urbanismo, Ricardo Sieiro, visitaron as instalacións da piscina climatizada e o pavillón de deportes.

En primeiro lugar visitaron a piscina onde unhas monitoras, Noelia e Laura, explicáronlles os estilos de natación, ensináronlles a piscina, faláronlles das actividades que alí se realizan e contáronlles para que servían os aparellos de ximnasio.

PHOTO-2018-05-23-14-00-32(1)

En segundo lugar, visitaron o pavillón de deportes, onde os monitores Óscar e David ensináronlles as instalacións; tamén realizaron unha miniclase de zumba.

Tras todo isto, os nenos foron obsequiados cunha pañoleta e, para finalizar a visita, xantaron no Campo do Toural. Os pequenos e pequenas pasárono moi ben, e realizaron estas visitas con curiosidade e alegría.

Comentarios