Dende a Limia
04:31 h. Miércoles, 23 de Mayo de 2018

Xinzo Adiante celebra o seu magosto este sábado

O. Ferreiro | 27 de Noviembre de 2017 (22:40 h.)

A formación política Xinzo Adiante celebra un ano máis o seu xa tradicional magosto. Este ano terá lugar no Campo da Feira da vila de Xinzo.

A festa celebrarase este sábado, día 2 de novembro, a partir das 20:00 horas da tarde. O magosto é aberto a toda a cidadanía que queira partillar cos militantes e simpatizantes de Xinzo Adiante esta data.

O prezo é de 7 € e para se apuntar é preciso enviar un mail a xinzoadiante@gmail.com ou chamar ao 698148725.