Dende a Limia
00:15 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

XINZO ADIANTE ESIXE O ARRANXO URXENTE DOS VELORIOS DE MOSTEIRO E PARADA DE RIBEIRA

| 03 de Diciembre de 2018 (18:29 h.)

Xinzo adiante rexistrou no concello unha moción a tratar no vindeiro pleno, para que se arranxen urxentemente os velorios de Mosteiro e Parada de Ribeira e se revisen e subsanen todas as deficiencias que poida haber nos  do resto de aldeas do noso municipio.

IMG_0023Os veciños de Mosteiro levan máis de dous anos solicitando ao concello –e, singularmente aos tres alcaldes de turno desta lexislatura- que se arranxe o teito do velorio, posto que está caendo. A resposta sempre foi a mesma: “estamos neso”. A realidade é que, pasados dous anos, o concello nada fixo para solventar esta situación e o deterioro do teito do velorio vai a máis. Os veciños incluso solicitaron presuposto para realizar o arranxo, pero o concello só lles pon trabas: nin actúa nin deixa facer. O arranxo deste velorio non chega nin aos 20.000 euros, polo que non comprendemos a demora na execución da obra e a deixadez do concello.

No caso do velorio de Parada de Ribeira, entra auga por un lateral do edificio, o que dificulta nos días de chuvia a finalidade para a que foi concibido. Neste caso trátase dunha obra de menos importe, que levan moito tempo demandando os veciños. Pero o concello tampouco actúa.

Ante esta situación, esiximos ao goberno municipal que lle dea inmediata solución a estes problemas. Para iso teñen no goberno un “flamante” concelleiro de obras a razón de 1900 euros mensuais de soldo, que chegou ao goberno como el dixo “para facer prosperar Xinzo”. De momento, prosperidade non se ve ningunha; se cadra o único que prosperou foi a súa conta bancaria grazas ao soldo que entre toda a cidadanía lle pagamos.