Dende a Limia
03:58 h. Miércoles, 18 de Octubre de 2017

Xinzo Adiante solicita unha comisión de seguimento do proceso selectivo para Policía Local

O. Ferreiro | 05 de Octubre de 2017 (21:56 h.)
Grupo municipal de Xinzo Adiante nun pleno do concello.
Grupo municipal de Xinzo Adiante nun pleno do concello.

O pasado 13 de setembro do 2017 fíxose o exercicio teórico para a provisión de 2 prazas de policía local para o concello de Xinzo de Limia. Varias persoas opositoras contactaron con Xinzo Adiante indicando que esta proba non se realizara co suficiente celo e mesmo algúns dos opositores –segundo nos informan arredor dunha decena ou o que é o mesmo arredor dun 10% dos interesados- presentaron un escrito solicitando a anulación da devandita proba e a realización dunha nova convocatoria.

En principio non está no ánimo deste grupo dubidar da imparcialidade que se presupón a todo tribunal examinador.

En principio non está no ánimo deste grupo dubidar da imparcialidade que se presupón a todo tribunal examinador. Agora ben, dadas as múltiples queixas e que hai varias persoas opositoras que fixeron reclamación consideramos que se deberían adoptar medidas pera evitar este malestar.

Por iso, vimos de rexistrar unha moción solicitando a creación dunha comisión formada por todas as forzas políticas con representación no concello para estudar as alegacións presentadas polas opositoras e con competencias para solicitar a comparecencia en dita comisión de todas e cada unha das persoas que forman parte do Tribunal ou de calquera outra que fose de interese.

Vimos de rexistrar unha moción solicitando a creación dunha comisión formada por todas as forzas políticas.

Do mesmo xeito, tamén solicitamos suspender o resto das probas ata que esta Comisión adopte unha decisión.

Igualmente, consideramos moi triste que cada vez que se convoca un proceso selectivo neste concello se vexa empañado polas dúbidas sobre a neutralidade e limpeza do mesmo. Por iso consideramos necesaria a constitución desta comisión: por respecto ás persoas opositoras que dedican moito tempo e cartos na preparación das probas; por respecto ao propio proceso selectivo; e por transparencia, para que non haxa dúbidas nin presunción de enchufismo se poida garantir que non se repiten as prácticas no acceso a postos de traballo no Concello por filiación política, senón que entran os que maior mérito e capacidade teñen.