Dende a Limia
06:56 h. Jueves, 29 de Junio de 2017

Xinzo ferve!

| 17 de Junio de 2017 (19:51 h.)

As 15 horas a praza Maior de Xinzo, tiña un aspecto “desolador” e precisamente o sol fixo que l este rapaz que tivo que atravesala a aquelas horas, non encontrara outra maneira de “pasar o mal trago” que facelo tapando a cabeza desta maneira.

Pouco mais tarde se soupo onde estaba toda a xente da vila.

MAIS DE MIL CINCOCENTAS PERSOAS

257

Esa é a cifra aproximada que os responsables da xestión das piscinas municipais contabilizaron nos dous días de venres e sábado.

Este sábado xa tiveron que reforzar o persoal do bar, no cal nos indican que as augas frescas acabáronse e tiveron que recorrer ao conxelador, para poder ofrecerlle aos bañistas un refrixerio algo fresco.

SEN INCIDENCIAS

As 19 h de hoxe sábado e despois de ter pasado tanta xente polo recinto, tanto para bañarse, como para comer e merendar a sombra, os socorristas informaron a “dendealimia” que, coa afluencia masiva de xente o número de incidencias foi  cero.