Dende a Limia
19:38 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

Xinzo homenaxea ás dúas mulleres centenarias do municipio

O. Ferreiro | 23 de Agosto de 2017 (21:54 h.)
Fachada da Casa do Concello de Xinzo de Limia.
Fachada da Casa do Concello de Xinzo de Limia.

A Concellería de Servicios Socias vén de informar que mañá, xoves 24 de agosto –despois do acto da entrega á Asociación Limisi do recaudado no Festival Fax– realizarase unha homenaxe ás únicas dúas mulleres centenarias do Concello e Xinzo de Limia.

Dna. Elvira Tombo García –nada no 1912– e Dna. Eligia Carrera Colmenero –nada no 1913– recibirán un agasallo do consistorio nas súas vivendas de Xinzo de Limia e Moreiras, respectivamente.