Dende a Limia
01:26 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Xinzo de Limia prepárase para o Nadal

O. Ferreiro | 28 de Noviembre de 2017 (23:15 h.)
Momento de colocación das luminarias de nadal fronte á Praza Maior da vila.
Momento de colocación das luminarias de nadal fronte á Praza Maior da vila.

O tempo pasa e o ano xa remata. Chega o Nadal e a capital da Limia non é unha excepción. Os técnicos do concello limián foron cazados polas cámaras do dendealimia.com mentres colocaban o alumeado do Nadal 2017.

Aínda sen informacións por parte de Concello de Xinzo sobre cal será o día en que se prendan esas luminarias para enfeitizar o ambiente do Nadal frío e familiar de Xinzo, polo menos sabemos que a intensidade non será menor.