Dende a Limia
07:41 h. Domingo, 20 de Agosto de 2017

Xinzo quere repetir galardón

| 18 de Junio de 2017 (11:08 h.)

O venres volveu a estar en Xinzo a unidade móbil de doazón de sangue da fundación galega.

Era a súa primeira estancia na vila, despois de ter recibido o distintivo nesta mesma semana, como un dos concellos mais solidarios de Galiza en canto a doazóns por habitante.

Supoñemos que para “celebralo” a xente acudiu masivamente  a facer a súa doazón, posto que durante toda a tarde, a pesares da alta temperatura, próxima aos 40º as colas foron constantes, tal e como podemos comprobar nas instantáneas.

Bonita maneira de celebrar a distinción.