jueves 14.11.2019

A Xunta ten concluído o proxecto para a mellora do sistema de depuración no núcleo de Morgade, cun investimento de máis de 13.000 euros

Actualmente o núcleo de Morgade conta con rede de saneamento conectada a unha depuradora e algunhas vivendas, por problemas de cota, verten a unha fosa séptica situada na zona oeste do pobo

Vista aérea de Morgade
Vista aérea de Morgade

O departamento que dirixe Ethel Vázquez ten rematado outras actuacións de interese neste concello, entre elas a da mellora do sistema de depuración no núcleo de Morgade, para o que Augas de Galicia redactou un proxecto cun investimento autonómico de máis de 13.000 euros. A Xunta ten concluído este proxecto e remitiuno a semana pasada  ao Concello.O documento detalla as deficiencias detectadas no sistema, así como as actuacións necesarias para solucionar esta problemática.

Actualmente o núcleo de Morgade conta con rede de saneamento conectada a unha depuradora e algunhas vivendas, por problemas de cota, verten a unha fosa séptica situada na zona oeste do pobo.

O Goberno galego vén prestando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.