miércoles 23.10.2019

100 días do novo goberno en Xinzo

A xestión de aquí a final de ano será difícil, pero non imposible

Elvira Lama acompañada de varios dos seus concelleiros analizou os 100 primeiros días do seu goberno

Elvira Lama, acompañada dos membros do seu equipo, que nesa hora puideron acompañala, pertencentes aos grupos de PSOE-AXI-XA e BNG convocou aos medios para facer balance dos 100 primeiros días de goberno cuatripartito, no cal fomos capaces de mirar por enriba de siglas e dar unha alternativa aos 16 anos de goberno do PP, matizando que os  da última lexislatura definiría como de desgoberno.

Definiu primeiramente o seu equipo como un equipo cohesionado, que actúa sempre por e para o interese xeral, que é o que nos move. Queremos facer deste concello o referente, e o centro comarcal, que noutras épocas xa foi da comarca da Limia. Todo isto coa implicación de tódolos veciños e veciñas, que están tanto ou máis ilusionados que nos mesmos.

Comezando co análise por feitos e proxectos  quixo deixar claro que a xestión de aquí a final de ano será difícil, pero non imposible. Procuraremos chegar vivos, apesares dos atrancos e paus nas rodas que o PP nos intentou por dende o minuto un, sen deixar os 100 días de cortesía para que este novo equipo se puxera ao día.

Quixo Elvira Lama agradecer aos efectivos dás dúas brigadas pola súa dedicación  e esforzo para cubrir as ausencias por vacacións e baixas.

Pasou logo ao repaso das obras feitas e dos proxectos que están en marcha ou que se farán realidade unha vez que se aprobe o novo presuposto que será levado a un pleno extraordinario do mes de outubro, previsiblemente, para que sexa efectivo o día 1º de xaneiro do 2020.

REALIZADAS:

.- Mellora e acondicionamento de rúas e prazas, marquesiña dos taxis, reparacións nos  pobos do rural

.- Desbrozáronse preto de 1.800 Km de pistas coas catro máquinas que ten o concello e que neste momento están operativas.

.- Limpeza do entorno do Mosteiro de Trandeiras; Melloras na piscina climatizada; Colaboración e coordinación cos distintos clubs e escolas deportivas para incrementar a oferta no deporte base. Xa está en marcha a organización do Samaín e conformada a comisión do Entroido 2020, e tendo  practicamente planificadas as actividades do Nadal no eido da cultura e festexos.

Continuou dicindo a alcaldesa que xa se asinaron diversos programas de inserción de colectivos en risco, inmigrantes. e xa se están  a elaborar os Orzamentos deste grupo de goberno para o ano 2020. Dentro da mesma concellería de promoción económica tivemos varias reunións con empresarios do polígono, con comerciantes e coa hostalaría de cara a celebración da festa da pataca que se vai levar a cabo no mes de novembro.

Con respecto a o Polígono Industrial, hoxe mesmo se asinará a acta de replanteo para a execución do proxecto de asfaltado dos viais   do polígono por importe de 80.000 € e que terá que estar rematado nun prazo de un mes, pero esta mesma semana se está a levar a cabo a limpeza e desbroce das beirarrúas do Polígono Industrial, a petición “desesperada” dos empresarios

.- Mantivéronse reunións con XESTUR, para axilizar a ampliación do polígono e con directivos de COREN para mellorar o tecido industrial de Xinzo.

.- Asinouse a semana pasada o convenio VIOGEN, coa Secretaría de Estado do Ministerio do Interior, do que xa se deu conta esta semana pasada.

PROXECTOS

Debullou polo miúdo despois os proxectos que levarán a cabo de forma inminente e os que irán nos presupostos do ano que ven por concellerías:

Urbanismo:

.- Rematar a Avd de Celanova, a pista Setibal e as obras da Casa da Cultura: Tellado

.- Substitución de tódalas lousas que están estragadas no casco antigo, de momento por cemento. Tamén se está a redactar o plan URBE, que o PP anunciou e que nin deixou asinado.

.- Limpeza de canlóns dos edificios públicos e cambio de tellado na casa do Concello

.- Rematar as beirarrúas do Grupo S.Sebastián e mellorar o entorno.

                               Medio Rural e natural:
.- Anunciou a limpeza inminente de canles por parte da CHMS e a Consellería de Medio Rural.
Proxecto de recuperación dos canles de abastecemento de augas que tiña o mosteiro de Trandeiras..- Celebración da primeira feira da pataca e maquinaria na terceira semana de novembro.
Infraestruturas e Deporte
:
.- Proxecto de ampliación do pavillón de deportes cun anexo
.- Instalación de dúas pistas de Padel
.-Creación dun carril- bici de acceso as instalacións da Moreira
.- Mellorar de forma inminente os cerramentos dos dous campos da Moreira
E como proxecto estrela a máis longo prazo a reforma integral do Parque do Toural para o ano 2020 con concurso de ideas entre arquitectos e coas achegas dos veciños.

Sanidade e S. Sociais:
.- Posta en marcha dunha bolsa de alugueiro

.- Colaboración con entidades do terceiro sector como o CDR O Viso, Algaria, Limisi, Cruz Vermella e outros

.- Esta mesma mañá anunciou a visita ao centro de Saúde ás 12 h. para manter unha reunión coa directora para analizar as carencias do mesmo.

Economía e Facenda:

.- Elaboración do orzamento 2020

.- Inminente firma dun convenio de colaboración a tódolos niveis coa Cámara de Montalegre.

IGUALDADE

.- Elaboración do Plan de Igualdade 2020-2024 cos técnicos da casa e asesoría externa

.- No mes de novembro co gallo do 25 N  a programación de diversas actividades, ponencias e debates

   coas diferentes asociacións.

Unha vez remata a roda de prensa contestou a tódalas preguntas feitas polos xornalistas presentes.